We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

14 Tarantela

from Ac​ú​stico by Urbano Cabrera

/

lyrics

TARANTELA

Galanía das terras de lantañón
A dos nidios peitetes i estreito van
Á do acorde entre o rexo do corazón
E o suave dos ollos verde-mazán.

Ribeirana do Umia doente e mol,
A colleita outoniza, comenza ben;
Baixo a ombrela propicia do nogueirol
A desfolla faremos ledos tamén.

Bicada quince veces da lunazón,
Na lembranza, esta noite virasme a ver
Constelada de anseios en florazón,
Co degaro supremo de ser muller.

Mandarannos ós ceos carpindo luz,
Adobío de estrelas, lilios en col;
Escoado amaranto da frol da uz
Tenderá o su damasco, rico lenzol.

E a roseira granada do bon lecer
En rosas de inizazón…
¡Ouh imán do teu virxe corpo escolar!
¿Ouh escroucha non agros de Lantañón!

Bicada quince veces da lunazón,
Na lembranza, esta noite virasme a ver
Constelada de anseios en florazón,
Co degaro supremo de ser muller.

Ribeirana do Umia doente e mol,
A colleita outoniza, comenza ben;
Baixo a ombrela propicia do nogueirol
A desfolla faremos ledos tamén.

credits

from Ac​ú​stico, released November 30, 2015
Gravado nos Estudios Área Máster de Vigo
Guitarra e armónica Urbano Cabrera
Coros Paruca Goce

license

all rights reserved

tags

about

Urbano Cabrera GA, Spain

contact / help

Contact Urbano Cabrera

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Urbano Cabrera, you may also like: