We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

10 Durmida no parque

from Ac​ú​stico by Urbano Cabrera

/

lyrics

DURMIDA NO PARQUE

Atopeina durmida nun banco do parque;
as estrelas moi pretas, velábanlle o sono,
as froles cantaban cobríndolle a cara,
e eu, agachado, ollaba o seu corpo.

Frol durmida nun banco do parque,
brota o namoro como a aguga da fonte,
entre o teu sorriso que cheira a inocencia,
hai meus ventos cansos de onte.

Un silencio de mágoas berraba no ceo,
sen falar, paseniño, xa estou xunto a ti,
tremando, os meus dedos, peitean teus cabelos
de lúa, na noite que nunca ten fin.

Teus beizos marmuran e eu non te escoito,
o vento no aire, comenza a furar,
as sombras da noite que antes tapaban
o teu doce corpo, agora racharán.

Non falemos que onte, cecais éramos outros,
con amor faceremos unha nova mañán,
teremos un mundo dentro dunha casa,
acenderemos un facho ca luz do teu ollar.

Bicos feitos de lumen as túas mans frías,
un niño nas miñas, para a cara de quentar.
Abonda unha ollada para dicir tantas cousas…
Adeus agonías que quero soñar

credits

from Ac​ú​stico, released November 30, 2015
Gravado en Madrid, febreiro de 1.999

license

all rights reserved

tags

about

Urbano Cabrera GA, Spain

contact / help

Contact Urbano Cabrera

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Urbano Cabrera, you may also like: