We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

09 Sangue

from Ac​ú​stico by Urbano Cabrera

/

lyrics

SANGUE

Veñen tempos chegados de escuros buratos con abrigos brillantes, tapando miserias.
Asolagan ós povos, escravizan ós gatos, mil historias de fame e de pedra.

Comezaron falando ca voz do silenzo, empuñaron as armas da súa relixión,
nunha feira de extrana luz de privilexios, fixeron a vil repartición.

Refuxáronse en covas, gorida de engaños, mercaron ós mellores da tinta amarela,
deron nada por todo, conxuros estranos, aparellos de pescar estrelas.

Cando queren falarnos, facen como que calan, o lustre dos ollos, pódeche cegar.
Como somos ilusos a conciencia nos lavan con perfume de auga de mar.

Ferve, ferve, o noso sangue espido. Sangue quente de povo ferido.

Cando abren as mans cas súas luvas de ferro, frías como puñáis de xeado matar,
os nosos sentimentos, con bandeiras de medo, de migallas, quérenos atar.

Convidaron a todos a súa ceremonia de confusas ideas de paz verdadeira,
decidiron que había que escribir outra historia, temos que prepara-la fogueira.

Ferve, ferve, o noso sangue espido. Sangue quente de povo ferido.

Somo-los inimigos, bonecos de goma, nunha danza sombría dentro dun pandeiro,
que marcaron con lume de risa burlona, pedra a pedra, sangue do inferno.

Aínda que ti non o queiras, tocan para que bailes na burda harmonía das túas mentiras,
aproveitan do porco ata as vaidades, son os donos do aire que respiras.

credits

from Ac​ú​stico, released November 30, 2015
Directo en Baiona en xullo de 2.013

license

all rights reserved

tags

about

Urbano Cabrera GA, Spain

contact / help

Contact Urbano Cabrera

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Urbano Cabrera, you may also like: