We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

08 Que conto ten a vida

from Ac​ú​stico by Urbano Cabrera

/

lyrics

QUÉ CONTO TEN A VIDA

Camiñando vou sen rumbo,
teño as botas cheas de barro,
a camisa é vella e chea de suor,
unha pucha cóbreme do sol.

Canto tempo xa pasou
dende o intre en que vivín a vida,
colgado nunha arbre, nunha pompa de xabrón,
era a lúa o meu farol.

Hoxe dame a vida por compañía un carro e un can.
A luz que me guía, camiña espida por onde vai.
Teño fortuna se podo andar,
o meu futuro é un cacho de pan.

Que tanto me quixo vai fuxidía,
vivín de lebranzas no día a día,
pero a miña fonte, a noite secou.

Cada encontro ca bebida
é unha ponte á ledicia.
¿Quen sabe máis, se ninguén o sabe todo?
Cada que é sabio ou tolo.

Hoxe dame a vida por compañía un carro e un can.
A luz que me guía, camiña espida por onde vai.
Teño fortuna se podo andar,
o meu futuro é un cacho de pan.

Dame se queres algo a troques de nada,
confórmome con pouco, se non me mata,
debaixo de unha ponte, está a miña casa.

Teño frases esquencidas,
amigo, irmán, amor, fogar e compañía.
“Facer un mundo mellor”.
Hai que ver qué conto ten a vida.

credits

from Ac​ú​stico, released November 30, 2015
Directo en Pontevedra en 1.998
Batería José Troncoso “Pabero”,
guitarra Tony D`arco
coros Fátima G. Pino

license

all rights reserved

tags

about

Urbano Cabrera GA, Spain

contact / help

Contact Urbano Cabrera

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Urbano Cabrera, you may also like: