We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

05 L​é​mbrate dos gatos

from Ac​ú​stico by Urbano Cabrera

/

lyrics

LÉMBRATE DOS GATOS

A pedradas de sol camiñan os lagartos
e os peixes viven fora do mar.
¿Cómo queres que pinte na túa sombra
se antre nubes agachas o teu camiñar?

Busca a luz no ceo, pola vía máis curta,
soña e vive aquilo que queiras soñar.
Fai voar o teu barco con ás de futuro,
bota fora a pantasma que che quere asustar.

Ten coidado onde mete-los pes
que está o camiño cheo de buratos.
E se a lúa non alumea ben
non subas a ese tren, lémbrate dos gatos.

As gaivotas esquécense dos zapatos,
a choiva chorrea pingueiras de sol.
Non te perdas no meio das tebras da noite,
deixa as portas abertas, do teu corazón.

Ten coidado onde mete-los pes
que está o camiño cheo de buratos.
E se a lúa non alumea ben
non subas a ese tren, lémbrate dos gatos.

Non deixes que as paredes che curten o paso
sempre hai unha porta para saír ou entrar,
non deixes cas cadeas che pesen nos brazos.
Ti es libre no senso, no camiño e nas mans.

Ten coidado onde mete-los pes
que está o camiño cheo de buratos.
E se a lúa non alumea ben
non subas a ese tren, lémbrate dos gatos.

credits

from Ac​ú​stico, released November 30, 2015
Gravado ao vivo en Baiona en xullo de 2.013

license

all rights reserved

tags

about

Urbano Cabrera GA, Spain

contact / help

Contact Urbano Cabrera

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Urbano Cabrera, you may also like: