We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

04 Ningu​é​n escoitou

from Ac​ú​stico by Urbano Cabrera

/

lyrics

NINGUÉN ESCOITOU

Sentado nunha arroladora de cana india
pechaba os ollos, que así, lembraba mellor,
man sobre man, o fume saíndo da cachimba,
nada lle importa do que vibra no arredor.

Cando él andaba era o mundo o que paraba
e ninguén quixo darlle corda ó seu reloxo,
naufragaba o futuro naquel mar de ira
máis cada quen refuxiábase no seu pozo.

E berrou forte, berrou moi forte
con un laio desgarrado,
na súa profunda dor,
magoado, ninguén o escoitou.

Sempre os recordos chaman pola madrugada,
louca carreira de xente imbécil buscando a nada,
queimaron todo, nun vivir desenfreado,
fica no ceo o futuro asasinado.

Agora as casas durmen enriba das árbores
e aquela lúa foise no derradeiro outono,
xa ninguén fala linguas de falar amigo,
pérdese toda a luz que iluminaba os soños.

E berrou forte, berrou moi forte
con un laio desgarrado,
na súa profunda dor,
magoado, ninguén o escoitou.

Pasou o tempo e o mundo entrou nun tempo frío
sen primavera nin lume para se quentar,
sempre él dicía que nos ruobarían os ríos,
pero os ouvidos non estaban para escoitar.

Agora pasa lentamente día tras día
ollando á nada na arroladora de cana india,
debuxa mares co fume que sae da cachimba;
para cando chegue a hora, garda unha risa.

E berrou forte, berrou moi forte
con un laio desgarrado,
na súa profunda dor,
magoado, ninguén o escoitou.

credits

from Ac​ú​stico, released November 30, 2015
Directo en Lisboa na primavera de 2.005

license

all rights reserved

tags

about

Urbano Cabrera GA, Spain

contact / help

Contact Urbano Cabrera

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Urbano Cabrera, you may also like: