We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

03 Con megas de dese​ñ​o

from Ac​ú​stico by Urbano Cabrera

/

lyrics

CON MEGAS DE DESEÑO

Era un apaixoado das loitas gloriosas do Che
e de Silvio Rodríguez, cando aínda non chovía café.
Asomáballe no peto o libro vermello de Mao,
longos cabelos e barba coma Jesus Crist Superstar.

Iba ás tabernas e pedía sempre un viño peleón.
Da loita anticolonialista do “Zeca” grande admirador.
Mecánica laranxa; en Cuba conFidel ata o fin.
De Beatles, revolution, de Rollings, satisfaction, oh sí.

Hoxe co seu “mancontro” cosido na orella,
con megas de deseño, axenda persoal,
condenador de obsoletos mecanismos,
reciclador de moda, “It´s all right”.

Gostábanlle os amigos libertarios, iso estaba moi ben,
decía cas bandeiras son un símbolo de poder.
Agnóstico convicto, importáballe un pito a relixión,
soñador idealista, dogmático da improvisación.

Agora é un amante da ecoloxía,
no seu 4x4 vai percorrendo o val,
é todo un experto da economía,
da informática é un sentimental.

Qué listo o que inventou o relativo das teorías;
para filosofar, hai que saber mercar sabiduría.
A vida é un tren que pasa por debaixo da vía.
Quen ten memoria, ten, ten,
ten que escarallarse de risa.

credits

from Ac​ú​stico, released November 30, 2015
Ao vivo en Lisboa na primavera de 2.005

license

all rights reserved

tags

about

Urbano Cabrera GA, Spain

contact / help

Contact Urbano Cabrera

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Urbano Cabrera, you may also like: