We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

02 Buscando plan

from Ac​ú​stico by Urbano Cabrera

/

lyrics

BUSCANDO PLAN

Hoxe non vou a cear, teño horas de velada,
balance de fin de mes, non remato nin as tantas.

Non esteas preocupada meu ben, non me agardes levantada,
baixarei logo ata o bar, non me faltará de nada.

Achégate ata o video-clube e colle unha peli boa,
calqueira cousa é mellor que ficar aburrida e soa.
Sentíndoo moito, meu amor, agora vou colgar,
xa non podo falar máis, páganme por traballar.

Moi satisfeito frotando as mans,
vaise correndo buscando plan.

Este tío coida que son parva, está moi mal acostumeado,
se pensa que irei ó cine vai de cú e costa abaixo.
Vou de discoteca e de copas cunhas gotas de perfume,
lixeira de roupa interior por si me alcenden o lume.

Moi satisfeita frotando as mans,
vaise correndo buscando plan.

Agora él ándase a gabar, que o sabe todo das mulleres,
mentres ela descubrindo orgasmos e novos praceres.
Cada quen, ca súa vida fai aquello que máis lle conveña:
ca mentira non se vive mal, cando se vive con ela.

Moi satisfeitos frotando as mans,
vanse correndo buscando plan.

credits

from Ac​ú​stico, released November 30, 2015
Gravado nos estudios Área Máster de Vigo
Guitarra e armónica Urbano Cabrera
Coros Paruca Goce

license

all rights reserved

tags

about

Urbano Cabrera GA, Spain

contact / help

Contact Urbano Cabrera

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Urbano Cabrera, you may also like: