We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Ac​ú​stico

by Urbano Cabrera

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
00 Intro 00:48
2.
ACOUGA ESTE MAR Doaba o sorriso, ferido de amor, as fiestras abertas, bandeiras de sol. Pintaba de cores, nadando sen mar, desexos de lúa, soños de limiar. No intre un sospiro vestía de luz, os tempos ficaban nun barco, seu lar. ¿Quen ten un segundo para de min lembrar que amándote vivo, soñándote máis…? Acouga este mar. Teño tanto medo… En cada estreliña, meu amor, te vexo. No ceo gaivotas de verbas abertas, ceibes de gaiolas, sinal de guieiro, ninguén que me roube angustias pasadas, lembranzas de amores, fano compañeiro. ¿Quen merca un debuxo pra me decotar? ¿Quen fame non pasa, soñando máis pan? Eu son mariñeiro, navego direito e en cama de estrelas, quérome deitar. Acouga este mar. Teño tanto medo… En cada estreliña, meu amor, te vexo. Quixera que a choiva, novas me trouxera daqueles cativos que medrando espreitan. os meus pensamentos, un nó corredío, están peneirando cantares de río. Voan meus cabelos no vento que chega e cada golfiño, xogando, me leva. se non me quixeras, ¿con qué soñaría? Vivo porque vives ti, na miña vida. Acouga este mar. Teño tanto medo… En cada estreliña, meu amor, te vexo.
3.
BUSCANDO PLAN Hoxe non vou a cear, teño horas de velada, balance de fin de mes, non remato nin as tantas. Non esteas preocupada meu ben, non me agardes levantada, baixarei logo ata o bar, non me faltará de nada. Achégate ata o video-clube e colle unha peli boa, calqueira cousa é mellor que ficar aburrida e soa. Sentíndoo moito, meu amor, agora vou colgar, xa non podo falar máis, páganme por traballar. Moi satisfeito frotando as mans, vaise correndo buscando plan. Este tío coida que son parva, está moi mal acostumeado, se pensa que irei ó cine vai de cú e costa abaixo. Vou de discoteca e de copas cunhas gotas de perfume, lixeira de roupa interior por si me alcenden o lume. Moi satisfeita frotando as mans, vaise correndo buscando plan. Agora él ándase a gabar, que o sabe todo das mulleres, mentres ela descubrindo orgasmos e novos praceres. Cada quen, ca súa vida fai aquello que máis lle conveña: ca mentira non se vive mal, cando se vive con ela. Moi satisfeitos frotando as mans, vanse correndo buscando plan.
4.
CON MEGAS DE DESEÑO Era un apaixoado das loitas gloriosas do Che e de Silvio Rodríguez, cando aínda non chovía café. Asomáballe no peto o libro vermello de Mao, longos cabelos e barba coma Jesus Crist Superstar. Iba ás tabernas e pedía sempre un viño peleón. Da loita anticolonialista do “Zeca” grande admirador. Mecánica laranxa; en Cuba conFidel ata o fin. De Beatles, revolution, de Rollings, satisfaction, oh sí. Hoxe co seu “mancontro” cosido na orella, con megas de deseño, axenda persoal, condenador de obsoletos mecanismos, reciclador de moda, “It´s all right”. Gostábanlle os amigos libertarios, iso estaba moi ben, decía cas bandeiras son un símbolo de poder. Agnóstico convicto, importáballe un pito a relixión, soñador idealista, dogmático da improvisación. Agora é un amante da ecoloxía, no seu 4x4 vai percorrendo o val, é todo un experto da economía, da informática é un sentimental. Qué listo o que inventou o relativo das teorías; para filosofar, hai que saber mercar sabiduría. A vida é un tren que pasa por debaixo da vía. Quen ten memoria, ten, ten, ten que escarallarse de risa.
5.
NINGUÉN ESCOITOU Sentado nunha arroladora de cana india pechaba os ollos, que así, lembraba mellor, man sobre man, o fume saíndo da cachimba, nada lle importa do que vibra no arredor. Cando él andaba era o mundo o que paraba e ninguén quixo darlle corda ó seu reloxo, naufragaba o futuro naquel mar de ira máis cada quen refuxiábase no seu pozo. E berrou forte, berrou moi forte con un laio desgarrado, na súa profunda dor, magoado, ninguén o escoitou. Sempre os recordos chaman pola madrugada, louca carreira de xente imbécil buscando a nada, queimaron todo, nun vivir desenfreado, fica no ceo o futuro asasinado. Agora as casas durmen enriba das árbores e aquela lúa foise no derradeiro outono, xa ninguén fala linguas de falar amigo, pérdese toda a luz que iluminaba os soños. E berrou forte, berrou moi forte con un laio desgarrado, na súa profunda dor, magoado, ninguén o escoitou. Pasou o tempo e o mundo entrou nun tempo frío sen primavera nin lume para se quentar, sempre él dicía que nos ruobarían os ríos, pero os ouvidos non estaban para escoitar. Agora pasa lentamente día tras día ollando á nada na arroladora de cana india, debuxa mares co fume que sae da cachimba; para cando chegue a hora, garda unha risa. E berrou forte, berrou moi forte con un laio desgarrado, na súa profunda dor, magoado, ninguén o escoitou.
6.
LÉMBRATE DOS GATOS A pedradas de sol camiñan os lagartos e os peixes viven fora do mar. ¿Cómo queres que pinte na túa sombra se antre nubes agachas o teu camiñar? Busca a luz no ceo, pola vía máis curta, soña e vive aquilo que queiras soñar. Fai voar o teu barco con ás de futuro, bota fora a pantasma que che quere asustar. Ten coidado onde mete-los pes que está o camiño cheo de buratos. E se a lúa non alumea ben non subas a ese tren, lémbrate dos gatos. As gaivotas esquécense dos zapatos, a choiva chorrea pingueiras de sol. Non te perdas no meio das tebras da noite, deixa as portas abertas, do teu corazón. Ten coidado onde mete-los pes que está o camiño cheo de buratos. E se a lúa non alumea ben non subas a ese tren, lémbrate dos gatos. Non deixes que as paredes che curten o paso sempre hai unha porta para saír ou entrar, non deixes cas cadeas che pesen nos brazos. Ti es libre no senso, no camiño e nas mans. Ten coidado onde mete-los pes que está o camiño cheo de buratos. E se a lúa non alumea ben non subas a ese tren, lémbrate dos gatos.
7.
06 Marta 03:52
MARTA Nas súas mans aniña o sol que fai camiños, cada camino é máis curto no seu mar, e sinto o mar bravo rosmar nos meus ouvidos coma un barco cheo de estrelas; navegar. Igual que un mago ilusionista, soñadora. Un espello multicolor a contraluz. A súa risa que engaiola, é unha aurora. Nos seus cabelos arrecende a frol da uz. Facendo camiños, soña Marta, polas rúas da imaxinación, nas suas mans frías arde un corazón. Cando falo, a miña voz é Marta. Cando escoito, sinto a súa voz, explosión de luz que ilumina no arredor. É a fonte do meu calor. É tan fermosa coma un río de harmonías, coma un xardín eterno no berce do sol. O arco da vella nas montañas da ledicia, refuxio e fortaleza, Marta meu amor.
8.
CADEAS DE PAPEL Xa o sei, os beizos teus non din nada, agora é a túa boca a que me fala. Teu corpo é un recordó que abre o cheiro da miña casa, xoga a misterio, a escuridade, borrándonos. Choveu tanto, meu ben, e foi tan forte… Non se pode queimar leña mollada. Muller, non quero que a túa vida chegue ata o límite, sempre dudando do noso amor, libérate. Muller, debes de ter aínda proxectos, desexos de un futuro que aquí non vive. Aférrate á saída, non hai obrigas nin privilexios, deixa de amarme, non tes porqué porme un prezo. Cadeas de papel para atrapa-lo sol, que pode responder preguntas sen mañá, colle o pasado teu, dalle abrigo nas mans, rebélate outra vez, eu non son eu, non debes baixar máis. Xa o ves, se este é o fin, de nanda vale limpar vellos espellos das paredes, agora bastará que deixe á noite de chover para que brille o arco da vella na túa pel.
9.
QUÉ CONTO TEN A VIDA Camiñando vou sen rumbo, teño as botas cheas de barro, a camisa é vella e chea de suor, unha pucha cóbreme do sol. Canto tempo xa pasou dende o intre en que vivín a vida, colgado nunha arbre, nunha pompa de xabrón, era a lúa o meu farol. Hoxe dame a vida por compañía un carro e un can. A luz que me guía, camiña espida por onde vai. Teño fortuna se podo andar, o meu futuro é un cacho de pan. Que tanto me quixo vai fuxidía, vivín de lebranzas no día a día, pero a miña fonte, a noite secou. Cada encontro ca bebida é unha ponte á ledicia. ¿Quen sabe máis, se ninguén o sabe todo? Cada que é sabio ou tolo. Hoxe dame a vida por compañía un carro e un can. A luz que me guía, camiña espida por onde vai. Teño fortuna se podo andar, o meu futuro é un cacho de pan. Dame se queres algo a troques de nada, confórmome con pouco, se non me mata, debaixo de unha ponte, está a miña casa. Teño frases esquencidas, amigo, irmán, amor, fogar e compañía. “Facer un mundo mellor”. Hai que ver qué conto ten a vida.
10.
09 Sangue 05:33
SANGUE Veñen tempos chegados de escuros buratos con abrigos brillantes, tapando miserias. Asolagan ós povos, escravizan ós gatos, mil historias de fame e de pedra. Comezaron falando ca voz do silenzo, empuñaron as armas da súa relixión, nunha feira de extrana luz de privilexios, fixeron a vil repartición. Refuxáronse en covas, gorida de engaños, mercaron ós mellores da tinta amarela, deron nada por todo, conxuros estranos, aparellos de pescar estrelas. Cando queren falarnos, facen como que calan, o lustre dos ollos, pódeche cegar. Como somos ilusos a conciencia nos lavan con perfume de auga de mar. Ferve, ferve, o noso sangue espido. Sangue quente de povo ferido. Cando abren as mans cas súas luvas de ferro, frías como puñáis de xeado matar, os nosos sentimentos, con bandeiras de medo, de migallas, quérenos atar. Convidaron a todos a súa ceremonia de confusas ideas de paz verdadeira, decidiron que había que escribir outra historia, temos que prepara-la fogueira. Ferve, ferve, o noso sangue espido. Sangue quente de povo ferido. Somo-los inimigos, bonecos de goma, nunha danza sombría dentro dun pandeiro, que marcaron con lume de risa burlona, pedra a pedra, sangue do inferno. Aínda que ti non o queiras, tocan para que bailes na burda harmonía das túas mentiras, aproveitan do porco ata as vaidades, son os donos do aire que respiras.
11.
DURMIDA NO PARQUE Atopeina durmida nun banco do parque; as estrelas moi pretas, velábanlle o sono, as froles cantaban cobríndolle a cara, e eu, agachado, ollaba o seu corpo. Frol durmida nun banco do parque, brota o namoro como a aguga da fonte, entre o teu sorriso que cheira a inocencia, hai meus ventos cansos de onte. Un silencio de mágoas berraba no ceo, sen falar, paseniño, xa estou xunto a ti, tremando, os meus dedos, peitean teus cabelos de lúa, na noite que nunca ten fin. Teus beizos marmuran e eu non te escoito, o vento no aire, comenza a furar, as sombras da noite que antes tapaban o teu doce corpo, agora racharán. Non falemos que onte, cecais éramos outros, con amor faceremos unha nova mañán, teremos un mundo dentro dunha casa, acenderemos un facho ca luz do teu ollar. Bicos feitos de lumen as túas mans frías, un niño nas miñas, para a cara de quentar. Abonda unha ollada para dicir tantas cousas… Adeus agonías que quero soñar
12.
ACOUGA ESTE MAR Doaba o sorriso, ferido de amor, as fiestras abertas, bandeiras de sol. Pintaba de cores, nadando sen mar, desexos de lúa, soños de limiar. No intre un sospiro vestía de luz, os tempos ficaban nun barco, seu lar. ¿Quen ten un segundo para de min lembrar que amándote vivo, soñándote máis…? Acouga este mar. Teño tanto medo… En cada estreliña, meu amor, te vexo. No ceo gaivotas de verbas abertas, ceibes de gaiolas, sinal de guieiro, ninguén que me roube angustias pasadas, lembranzas de amores, fano compañeiro. ¿Quen merca un debuxo pra me decotar? ¿Quen fame non pasa, soñando máis pan? Eu son mariñeiro, navego direito e en cama de estrelas, quérome deitar. Acouga este mar. Teño tanto medo… En cada estreliña, meu amor, te vexo. Quixera que a choiva, novas me trouxera daqueles cativos que medrando espreitan. os meus pensamentos, un nó corredío, están peneirando cantares de río. Voan meus cabelos no vento que chega e cada golfiño, xogando, me leva. se non me quixeras, ¿con qué soñaría? Vivo porque vives ti, na miña vida. Acouga este mar. Teño tanto medo… En cada estreliña, meu amor, te vexo.
13.
ESQUECENDO O CORAZÓN Se contaras as estrelas e as ondas no mar, cantas noites de xeo poderías atopar. A vida é valeira se non é a carón do sol canta xente sen ollos e esquecendo o corazón. Canto a choiva xa non molla o corpo é transparente e os ouvidos son de ferro e até o son se perde. A vida é valeira se non é a carón do sol canta xente sen ollos e esquecendo o corazón. Ten coidado cando pases a porta do futuro, cecais sexa xa moi tarde se están queimando. Se hai bo vento e sentimento sempre poderemos voar, non deixaremos que o camiño quédese a meio andar. A vida é valeira se non é a carón do sol canta xente sen ollos e esquecendo o corazón.
14.
XA VAN OS HOMES PRA O CAMPO Xa van os homes pra o campo, levan no lombo as aixadas, traballan con solo e moscas e con choivas e xiadas. Súan os sete suares, pasan penurias e fames para manter ós seus fillos mentres non se facen grandes. Os que non teñen traballo aínda pasan máis penurias, os fillos choran e choran ningúen seus prantos enxuga. Xa van os homes pra o campo… Os días que están enfermos e non poden ir a traballar quedan sofrindo na casa e os seus fillos non comerán. Xa van os homes pra o campo… E cando morren, no enterro, van catro homes, o cura e un can, e as comadres chorando lembran que era un cacho de pan. Xa van os homes pra o campo……
15.
14 Tarantela 04:23
TARANTELA Galanía das terras de lantañón A dos nidios peitetes i estreito van Á do acorde entre o rexo do corazón E o suave dos ollos verde-mazán. Ribeirana do Umia doente e mol, A colleita outoniza, comenza ben; Baixo a ombrela propicia do nogueirol A desfolla faremos ledos tamén. Bicada quince veces da lunazón, Na lembranza, esta noite virasme a ver Constelada de anseios en florazón, Co degaro supremo de ser muller. Mandarannos ós ceos carpindo luz, Adobío de estrelas, lilios en col; Escoado amaranto da frol da uz Tenderá o su damasco, rico lenzol. E a roseira granada do bon lecer En rosas de inizazón… ¡Ouh imán do teu virxe corpo escolar! ¿Ouh escroucha non agros de Lantañón! Bicada quince veces da lunazón, Na lembranza, esta noite virasme a ver Constelada de anseios en florazón, Co degaro supremo de ser muller. Ribeirana do Umia doente e mol, A colleita outoniza, comenza ben; Baixo a ombrela propicia do nogueirol A desfolla faremos ledos tamén.
16.
PARA CHEGAR É tempo de vivir como queremos e hai que decidir canto perderemos. Hai dous camiños e un é o máis longo, pero non hai que vender nada que non se teña logo. Debes saber que a vida é un cesto que hai que encher de fora á dentro. A auga é sabia, nunca se para, sabe buscar a saída cando aínda non hai nada. Para chegar ata donde queiras tes que te-lo camiño andado. Cando soñamos non hai fronteiras, todo é un concepto imaxinario. Nada é mellor nin máis malo. Se tes valor para entenderte serás mellor que esa outra xente, descobriras que existe medo, pero é algo normal, os gatos son o exemplo. Para chegar ata donde queiras tes que te-lo camiño andado. Cando soñamos non hai fronteiras, todo é un concepto imaxinario. Nada é mellor nin máis malo

credits

released November 30, 2015

license

all rights reserved

tags

about

Urbano Cabrera GA, Spain

contact / help

Contact Urbano Cabrera

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Urbano Cabrera, you may also like: